Con quen falo hoxe?
A soidade non desexada cambia co calendario. A calor do verán, a volta á rutina no outono, as festas de inverno. Aquí gardamos todas as campañas de CuidadIA.
● Agora en marcha
Cando remata o verán, as visitas espácianse e as casas quedan outra vez caladas. ANA chama cada día e avisa a familia antes de que o silencio se converta en soidade.
Rematada
As vítimas da calor extrema morren na casa, soas. ANA chamou cada día, lembrou como protexerse da calor e deu a voz de alarma cando algo cambiou.